A Cámara de Santiago axúdanos cun novo seminario a acadar plena visibilidade en Internet
xoves, 22 de febreiro do 2024
A Cámara de Comercio de Santiago organiza este mes de febreiro un seminario en liña que mostra ferramentas axeitadas para acadar máis visibilidade na Rede para o noso negocio. A xornada Fai que te atopen na Internet grazas ao SEO desenvólvese o dÃa 29 deste mes en horario de mañá, de 10.00 a 11.15 horas. Encádrase nas actividades da Oficina Acelera PEME da Cámara de Santiago, co-impulsada pola entidade compostelá xunto con Red.es. O seminario incluirá a presentación da Oficina.
Os contidos son os seguintes: en que consiste o SEO (posicionamento), os mÃnimos dunha páxina web para facer SEO, estruturas web e SEO local para aparecer en Google Maps.
O relator será David Cuesta, especialista en posicionamento web e mercadotecnia dixital, amais de formador en liña en Quondos e ChorriClub e divulgador sobre páxinas web e SEO na súa canle de Youtube e outras redes sociais.
Esta xornada está organizada pola Oficina Acelera Peme para o Kit Dixital da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
As Oficinas Acelera peme para Kit Dixital postas en marcha por Red.es, entidade pública adscrita ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, a través da SecretarÃa de Estado de Dixitalización e Intelixencia artificial, coa colaboración de Cámara de España, teñen como obxectivo impulsar a transformación dixital das pequenas e medianas empresas, micropemes e autónomos. As actuacións, están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos NextGenerationEU, no marco da axenda España Dixital 2026 e o Plan de Dixitalización de Pemes 2021-2025.