A Cidade da Cultura impartirá un curso de cociña en liña con vídeo-receitas da nosas ilustradoras

xoves, 28 de maio do 2020 S. P.

Ao abeiro do programa #aculturasegue, unha fronte de lecer e divulgación en tempos de confinamento, a Xunta puxo en marcha nas redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram) e na páxina web da Cidade da Cultura un curso de cociña en liña para a rapazada: Cociñeiras ilustradas. A actividade, que incluirá vídeo-receitas animadas por ilustradoras galegas (Ana Varela, Ángeles Díaz Axóuxeres e chisqueiros, Nuría Díaz, Laura Tova e Dani Padrón), comezará a emitirse este 13 de xuño.
O obxectivo é dar continuidade a actividades familiares como o Club das Lerchiñas, unha sesión de contacontos os sábados e que remata o 6 de xuño, á vez que “se procura dar visibilidade ao talento, calidade e versatilidade do sector da ilustración en Galicia”.
Desde xeito, do 13 de xuño ao 11 de xullo, emitiranse en liña, cada sábado e ás 10 horas, dúas vídeo-receitas (un xantar e unha sobremesa) explicadas e animadas cos debuxos dunha mesma Cociñeira ilustrada.
Así, ata un total de cinco días e dez propostas culinarias, elaboradas polos prestixiosos cociñeiros Xenxo Piñeiro, Santiago Martínez, David Cibre e Miguel A. Caruncho da Escola de Hostalaría Belarmino Fernández, en Sober (Lugo).
Esta actividade forma parte da programación en Internet e polas redes sociais da Cidade da Cultura de Galicia co obxecto de ofrecer contidos culturais e de lecer de calidade nesta época de limitacións de actividades presenciais por cuestións de seguridade e sanitarias pola COVID-19.

PUBLICIDADE