A comisaria de Competencia, Margrethe Vestager, recoñeceu hoxe en rolda de prensa que teñen actualmente baixo vixilancia as operacións de Amazon na Unión Europea, ante a posibilidade de que abusen da súa posición de dominio cos datos relativos aos produtos que venden doutros provedores cos que tamén compiten.
Aínda que polo momento non hai unha investigación oficial aberta, a Comisión Europea está a remitir preguntas para clarexar a situación. Lembremos que preto da metade dos produtos que poden mercarse a través de Amazon son realmente de pequenas e medianas empresas, e Amazon podería aproveitar a información recollida de todos eses produtos no seu beneficio, o que atentaría á competencia.
Que Amazon aproveite a información das tendas que venden a través da súa plataforma de comercio electrónico para a súa optimización é un uso lexítimo deste coñecemento, pero de aproveitar esa información para outras análises, podería darlle unha posición privilexiada no mercado.
A Comisión Europea sospeita de prácticas anti-competitivas por parte de Amazon
Compartir Este Artigo
