A Comisión aplica finalmente as novas rebaixas nas tarifas de itinerancia
martes, 1 de xullo do 2014
Era un segredo a voces, e
nos últimos tempos unha realidade asumida e da que boa parte dos
usuarios de telefonÃa queixábase repetidamente e rexeitaba ben
clariño: en cuestións de comunicacións e conexións
internacionais, estabamos a pagar moito máis do que serÃa
proporcionado pagar. Porén, as cousas semellan que por fin se van
amañando (tal e como anunciamos os dÃas pasados dende Código Cero) e onte mesmo soubemos
que o prezo de empregar Rede no móbil noutro Estado membro da Unión
Europea baixará nun 55%, pasando dos 45 céntimos por mebabyte
actuais a un máximo de 20 céntimos, IVE non incluÃdo. Asà se fixa
no novo regulamento comunitario que atinxe as tarifas máximas de
itinerancia (roaming) e pon orde nas mesmas.
Respecto ás
comunicacións móbiles dende fóra do Estado, a partir de xa caen os
prezos nun 21%, o que nos sitúa nos 19 céntimos por minuto.
Asemade, o custe por recibir chamadas rebáixase nun 28,5%,
emprazándose nos 5 céntimos por minuto. As mensaxes de texto tamén
custarán un 25% menos (6 céntimos de máximo). Estes e outros datos
foron achegados pola Comisión Europea e, máis polo miúdo, pola
responsable da súa Axenda Dixital, Neelie Kroes. Tamén fixo saber
que a Eurocámara aprobou a prohibición da recarga por itinerancia a
partir do 15 de decembro de 2015. Como era de agardar, o novo
regulamento nos prezos esnáfrase de fronte cos intereses das grandes
compañÃas de telecomunicación que operan no ámbito da UE,
empresas que sinalan que a supresión da itinerancia baixará os seus
ingresos e repercutirá negativamente nos investimentos precisos para
o despregamento de novas redes de fibra óptica.
