Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coruña acollerá a sede da AESIA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Coruña acollerá a sede da AESIA

Marcus Fernández
Publicado: 05/12/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

isabel_rodriguez_aesia.jpgNo Consello de Ministros desta mañá a ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, anunciou que a cidade da Coruña foi elixida como sede para a Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA) tras unha peneira na que participaban unha ducia de cidades de diferentes comunidades autónomas.

Este novo organismo é un dos máis importantes que o Goberno ten previsto descentralizar polas súas posibilidades de futuro, xa que se encargará principalmente de analizar os límites da intelixencia artificial, así como ao seu control, sendo a primeira axencia deste tipo a nivel europeo.

20221205_prensa_consello_ministros.jpgPrevese un investimento inicial de 5 millóns de euros para esta iniciativa, cantidade que xa figura nos Orzamentos Xerais do Estado, e calcúlase que poderá crear un cento de postos de traballo.

A candidatura coruñesa foi elixida en Galicia por diante das propostas de Santiago e Ourense, por considerase que as condicións da cidade herculina eran máis propicias, dada a grande presenza do sector TIC a nivel empresarial, investigador e educativo, así como as facilidades de comunicación da cidade e a súa condición periférica (elemento que ten grande peso para o Goberno á hora de descentralizar organismos).

aesia_1453817805591_109993432.jpgEstímase que o 30% dos traballadores do sector TIC galego está no ámbito da cidade da Coruña, que sería o concello galego con máis compañías deste sector, destacándose tamén que 103 compañías da área coruñesa traballan na actualidade con intelixencia artificial.

Dende o Concello da Coruña propoñen que a nova sede da AESIA se estableza un espazo histórico e singular como é a Terraza, en plenos Xardíns de Méndez Núñez, edificio moi céntrico e ben comunicado, á vez que tamén consideran que no futuro o organismo poida ter presenza na Cidade das TIC.

Numerosas reaccións favorables

ines_rey_1453821394871_109993432.jpgA alcaldesa da Coruña, Inés Rey, agradeceu o apoio do sector institucional, empresarial e universitario de toda Galicia, destacando ao tecido empresarial da cidade e á Universidade da Coruña especialmente. «Se fomos quen de conseguilo é grazas á forma de traballar que sempre defendín: seria, rigorosa e con moita dedicación. Porque só dende a temperanza e o convencemento se pode construír un gran proxecto coma o desta cidade» destacou Inés Rey.

jose_minhones_fjnw49yxgaayls4.jpgO delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, celebra a designación da Coruña como sede da AESIA, asegurando que «esta elección ratifica que nunca antes se tiveran tan en conta o potencial de Galicia como con este Goberno», á vez que felicitou á alcaldesa Inés Rey polo seu liderado e pola solidez do proxecto. Miñones tamén destaca que «o éxito da candidatura da Coruña para atraer a AESIA é xa o éxito de toda a sociedade galega» considerando que «a axencia estatal impulsará a modernización da nosa economía».

formoso-corunha-170622.jpgPola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, cualificou como «magnífica nova» a designación da Coruña como sede da AESIA, subliñando que supón un recoñecemento tanto para A Coruña como para toda Galicia, salientando o rol que xogou na decisión o modelo de cidade impulsado por Inés Rey cunha «aposta clara pola tecnoloxía da información, que está a marcar o futuro económico da sociedade en todos os eidos».

coettga_jose_martinez_foto.jpgO Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia (COETTGA) tamén celebra o anuncio de que A Coruña vaia albergar a sede da AESIA, asegurando o seu decano, José Manuel Martínez, que «esta decisión sitúa a Galicia e aos seus profesionais das telecomunicacións como referencia internacional no sector da intelixencia artificial, amais de xerar dende A Coruña unha fonte de coñecemento que situará a comunidade galega como punta de lanza deste sector». Martínez apunta que «non só conforma un gran apoio para Galicia no tocante ás TIC, senón tamén un motor económico para todo o sector».

aesia_galicia.jpgA Xunta de Galicia destaca a implicación de toda a sociedade, as universidades, as administracións e os sectores de actividade, así como o traballo coordinado do nodo GalicIA, como claves para que A Coruña fose designada hoxe polo Consello de Ministros do Estado como sede da Axencia Estatal de Supervisión de Intelixencia Artificial. A designación de Galicia como sede da AESIA é un recoñecemento aos esforzos da nosa comunidade autónoma por situarse na vangarda da transformación dixital pese as limitacións de partida relacionadas coas súas características poboacionais e xeográficas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?