A Delegación do Goberno organiza unha xornada para abordar a violencia de xénero no eido dixital
luns, 8 de abril do 2024
A Delegación do Goberno en Galicia organizará unha xornada de formación sobre violencia de xénero no eido dixital dirixida aos e ás profesionais do ámbito da igualdade e a protección das mulleres e a persoal das Forzas e Corpos de Seguridade. A sesión, que leva por título Visibilización, prevención e sanción da violencia de xénero dixital, desenvolverase na mañá do 25 de abril no salón de actos da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña.
A inscrición tamén se abre aos estudantes e profesionais do dereito que queiran ampliar os coñecementos xurídicos sobre esta particular forma de exercer a violencia machista.
A xornada está impulsada e coordinada pola Unidade de Coordinación contra a Violencia sobre a Muller da Delegación do Goberno en colaboración coa Facultade de Dereito da UDC e intégrase nas actuacións do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Durante a sesión abordarase a realidade da violencia de xénero dixital, como leva a cabo, como podemos detectala cando se produce e que normativa e ferramentas xurídicas existen para freala e sancionar aos seus autores.
Tras a inauguración institucional, tomará a palabra Ana Catoira, profesora de Dereito Constitucional e decana da Facultade de Dereito da UDC, que abordará as distintas formas de violencias dixitais e detallará as respostas normativas e xudiciais contra elas.
A seguir celebrarase un diálogo entre José Julio Fernández Rodríguez, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago e Lorena Casal Otero, pedagoga e profesora en Pedagoxía da Universidade de Santiago, Nesta intervención conxunta habían falado sobre a pervivencia da discriminación por medio de instrumentos tecnolóxicos de desinformación.
Esta xornada parte da base da extensión de novas formas de violencia de xénero que se propagan a través da tecnoloxía, principalmente a través das redes sociais e incrementada cun mal uso da Intelixencia Artificial.
Segundo explica a Delegación para poñernos en contexto, “a nova forma de exercer violencia de xénero particularmente está a afectar a colectivos vulnerábeis como o da adolescencia, sendo un claro exemplo diversas manifestacións como as prácticas do ciberbullying, o sexting, o stlaked, o grooming, o shaming e o doxing. A estes fenómenos únense a difusión sen o consentimento da vítima, dos seus datos e imaxe persoais, ameazas, difamacións, acoso, humillación, ataques que afectan a liberdade de expresión das mulleres, incluso sendo menores de idade.
A asistencia á xornada é gratuíta pero require dunha inscrición previa que pode formularse ata o 11 de abril no formulario habilitado.