A Deputación da Coruña axuda ás empresas a adquirir ferramentas informáticas
venres, 10 de febreiro do 2023
O
presidente
da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presentou
este venres 10 de febreiro a nova convocatoria de axudas do Plan de
Emprego Local (PEL 2023), que este ano conta cun orzamento
inicial de 7.654.000 euros para “apoiar a contratación de persoal,
a realización de investimentos nos negocios e a sufragar os custos
das cotas á Seguridade Social por parte dos autónomos”, dixo,
engadindo que “estamos ante o PEL cun maior orzamento inicial".
Por certo que no capítulo de investimentos figura a compra de
ferramentas informáticas, precisas para a transformación das
empresas.
Valentín
González Formoso explicou tamén que o PEL "permitirá seguir
creando emprego e impulsar negocios con axudas de entre 1.000 e
45.900 euros a reactivación económica, o pequeno comercio, as
persoas autónomas e microempresas".
106
millóns de investimento e 5.376 empregos creados en sete anos
O
PEL, engadiu o presidente, é unha aposta transversal do Goberno da
Deputación ao que se veñen destinando 106 millóns de euros nos
últimos sete anos. Grazas a este investimento (un investimento “sen
precedentes”, dixo) na área de Emprego, desde a creación do PEL,
a Deputación axudou a crear máis de 5.300 empregos, apoiou
investimentos en máis de 2.000 pemes e microempresas, axudou a 1.130
autónomos e destinou máis de 20 millóns de euros en 4.472 axudas
aos sectores máis afectados pola pandemia e a crise de prezos. “Esta
aposta decidida polo emprego da Deputación da Coruña podería ser
perfectamente extrapolable á Xunta de Galicia, que ten 13.000
millóns de euros de orzamento fonte aos 200 da Deputación”,
comento na presentación. O presidente declarouse tamén
“especialmente orgulloso” da Rede de Centros de Coworking da
Deputación, creada ao abeiro do PEL e que permitiu xa a 200
emprendedores e emprendedoras da provincia iniciar os seus proxectos
de negocio titorizados pola Deputación “nun modelo único en
España” baseado na especialización temática de cada un dos
centros, o que permite fomentar sinerxías.
PEL
2023. Axudas entre 1.000 e 45.900 para contratación e investimentos
Co
obxectivo de “chegar a un maior número de empresas” as axudas
PEL 2023 veñen incrementado o seu orzamento inicial nun 5,43%
respecto do ano anterior, ata os 7.654.000 euros. Así, dos 7.654.000
euros de orzamento do PEL, 3.894.000 euros destinaranse a
subvencionar a contratación e ao mantemento de persoas
traballadoras, 2.760.000 euros a financiar novos investimentos en
pequenas empresas de recente creación e 1 millón á liña
PEL-Autónom@s. “Prevemos que as distintas liñas de axudas podan
chegar a uns 1.425 beneficiarios este ano, con axudas para
contratacións e investimentos que van dos 1.000 aos 45.900 euros por
empresa ou autónomos. Todas as axudas serán compatibles entre si”,
afirmou Formoso.
Axudas
máximas
PEL-Emprende
Investimento 17.500€
PEL-Autónom@s
2.400€
PEL-Pemes
Creación e Ampliación 15.000€
PEL-Pemes
Mantemento 11.000€
Total:
45.900
PEL-Pemes
A
liña PEL-Pemes Creación e Ampliación do cadro de persoal ve
incrementado o seu orzamento inicial respecto da anualidade anterior,
pasando de 2.500.000 euros a 2.894.000 euros, é dicir, un 15,76%.
Cada
empresa poderá solicitar a subvención para a contratación dun/unha
traballador/a durante un período máximo de 12 meses dentro da
anualidade 2023, durante os cales a Deputación cubrirá ata o 70%
dos custos salariais totais da persoa traballadora. O contrato poderá
ter unha duración superior a 12 meses, pero a subvención sufragará
unicamente os custos correspondentes aos meses do contrato incluídos
dentro da presente anualidade. Se ben o contrato deberá formalizarse
por unha duración mínima de 6 meses.
A
contía máxima da subvención a conceder será o 70% dos custos
estimados de contratación co límite de 15.000 euros para as
contratacións a xornada completa.
Pola
súa banda, as axudas de PEL-Pemes mantemento do cadro de persoal
destinarán un millón de euros para sufragar o mantemento do posto
de traballo indefinido creado ao abeiro da axuda PEL-Pemes Creación
e Ampliación 2022.
A
contía máxima da subvención a conceder será o 50% dos custes
estimados de contratación co límite de 11.000 euros polo mantemento
durante doce meses dun contrato indefinido a xornada completa no que
a persoa contratada pertenza a algún dos colectivos vulnerables
(inscrito como desempregado de longa duración nos Servizos Públicos
de Emprego, muller, menor de 30 anos, maior de 45 anos ou persoa con
diversidade funcional) e de 10.000 euros polo mantemento durante doce
meses dun contrato indefinido a xornada completa ou a parte
proporcional correspondente naquelas contratacións realizadas a
tempo parcial.
1
millón de euros para apoiar aos profesionais autónomos
A
Deputación da Coruña quere recoñece tamén “o importante papel”
que xogan os máis de 80.000 autónomos sda provincia e
continúa destinar un millón de euros, “trala boa acollida desta
liña de axudas por parte das persoas traballadoras por conta propia
das zonas máis rurais da provincia”.
Convócase
unha axuda destinada aos traballadores autónomos da provincia con menos de
cinco anos de antigüidade na actividade empresarial e con domicilio
fiscal en concellos de menos de 20.000 habitantes.
Os autónomos poden solicitar unha axuda máxima de ata 2.400
euros para sufragar ata un ano de cotas á Seguridade Social, é
dicir, 200 euros por cada mes de cota subvencionable. Fíxase tamén
como requisito que a persoa beneficiaria solicite un mínimo de seis
mensualidades de cotas sociais correspondentes o ano 2023, é dicir,
unha subvención mínima de 1.200 euros.
PEL-Emprende,
axudas para investimentos que melloren a competitividade
A
liña PEL-Emprende Investimento, dotada con 2.760.000 euros, está
destinada a autónomos, pemes e microempresas que conten como máximo
con cinco anos de antigüidade e domicilio fiscal en calquera dos
concellos da provincia da Coruña. As axudas cubrirán ata o 70% dos
investimentos realizados en aplicacións informáticas, maquinaria,
mobiliario e equipos para procesos de información, cun importe
máximo a conceder de 17.500 euros. Todos eles deben ser elementos
novos e directamente relacionados coa actividade da empresa.
A
principal novidade deste ano é “a ampliación do número de
facturas que se poden presentar para xustificar o investimento,
pasando de 3 a 5 por concepto contable, atendendo ás demandas das
persoas beneficiarias”, explicou o presidente.
A
presentación de solicitudes permanecerá aberta ata o 10 de marzo ás
14.00 horas e realizarase de xeito telemático, a través da
plataforma SUBTeL da Deputación.
