A Escola de Activismos de Compostela máis Solidaria ofrece un obradoiro para coñecer aplicacións de software libre
venres, 17 de abril do 2026
O Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga (Compostela) acollerá o martes 21 de abril (18:00-20:00) o obradoiro Softawe libre no teu peto, unha proposta práctica e amena para coñecer e probar aplicacións e servizos dixitais moito máis respectuosos cos dereitos e a saúde das persoas, co medio ambiente e coa economÃa local. A actividade formativa vén da man da Escola de Activismos.
A inscrición pódese facer de balde en liña. Dende a Escola indican que non son necesarios coñecementos previos, pero se recomenda asistir co teléfono móbil para poder realizar algunhas das propostas prácticas do taller, no que tamén se falará de ética dixital, dereitos humanos e a posibilidade dunha tecnoloxÃa máis segura.
A sesión Software libre no teu peto estará impartida por Elena Romero, experta en comunicación de Barracón Digital, un destacado colectivo de Honduras promotor das tecnoloxÃas libres e a defensa dos dereitos humanos e dixitais.
Barracón Digital é, ademais, socia ou contraparte da organización galega EnxeñerÃa Sen Fronteiras en diversos proxectos de cooperación ao desenvolvemento.
Este obradoiro forma parte da Escola de Activismos, unha das propostas que conforman a décima edición de Compostela máis Solidaria, un programa de sensibilización arredor dos dereitos humanos que a Coordinadora Galega de ONGD desenvolve co apoio do Concello de Santiago a través da súa Unidade de Atención ás Migracións.
