A Estratexia Galicia Dixital 2030 mobilizará 4.000 millóns de euros
xoves, 3 de decembro do 2020
Alberto
Núñez Feijóo anunciou hoxe a aprobación no Consello da Xunta da Estratexia
Galicia Dixital 2030 que prevé mobilizar 4.000 millóns de euros para
aumentar a calidade de vida e o desenvolvemento sostible co impulso de
solucións intelixentes no plano social, económico e ambiental.
Feijóo aseverou que «queremos planificar a vindeira década
desde o punto de vista da intelixencia artificial, da ciberseguridade, da
xestión masiva de datos ou a consolidación da 5G». Deste xeito a Estratexia
márcase como obxectivos: situar a Galicia como unha rexión dixital de
referencia en Europa; implantar un marco dixital común para todas as
administracións públicas galegas; desenvolver un novo marco xurÃdico que regule
a nova realidade dixital, e buscar un ecosistema atractivo para facilitar o
investimento privado.
Para acadar eses propósitos, preténdese mobilizar 4.000
millóns de euros no perÃodo 2021-2027, dos que 2.450 serán fondos públicos
entre partidas da Xunta e fondos da Unión Europea e 1.600 millóns de euros
serán fondos de iniciativas privadas. Este investimento, explicou Feijóo,
superará en 1.300 millóns de euros o que se mobilizou na última década no marco
das dúas Axendas Dixitais (2014.gal e Axenda Dixital de Galicia 2014-2020).
7 eixos estratéxicos e 1 transversal
A Estratexia Galicia Dixital está dividida en 7 eixos
estratéxicos e 1 transversal, que se desenvolverán en 20 programas.
O primeiro destes eixos céntrase no Goberno e
Administración Intelixente para impulsar a automatización e transformación
dixital dos servizos públicos e evolucionar cara un modelo intelixente de posto
de traballo do empregado público, asà como o expediente xudicial electrónico. O
obxectivo é que en 2025 o 70% das persoas e o 85% das empresas usen a canle dixital.
Tamén se aspira a unha Sociedade dixital inclusiva
para o que se implantarán grandes programas de formación para que no 2025 o 80%
dos cidadáns teñan competencias básicas dixitais e «non deixar a ninguén fóra
da realidade», salientou o presidente da Xunta.
No eixo do Territorio intelixente, verde e resiliente
activaranse 4 programas para un territorio máis sustentable, máis verde, máis
conectado e cun uso más eficaz dos recursos.
En materia de Entorno dixital para saúde e benestar aspÃrase
a empregar a tecnoloxÃa para acadar unha sanidade máis preditiva e
personalizada e un paradigma sociosanitario para mellorar a calidade
asistencial.
A maiores, Feijóo incidiu na Conectividade dixital,
co obxectivo de acadar o 100% de cobertura con redes de 100 Mbps en 2025 e
conseguir «unha Galicia máis integrada e conectada».
A Estratexia tamén mellorará a conservación do patrimonio
cultural dando máis pulo á Memoria Dixital de Galicia no marco do eixo Cultura
e turismo intelixente.
Asà mesmo, o eixo EconomÃa dixital fomentará a
transformación dixital do servizo público de emprego, a transformación dixital
de pemes e transición cara a industria 4.0. Segundo dixo Feijóo, a aspiración é
«aumentar ata un 50% a porcentaxe de empresas que venden por internet e ata un
15% no caso das microempresas».
Finalmente, o eixo transversal céntrase na formación. Deste
xeito, promoverase o talento dixital e actuarase para fortalecer o sector das
TIC. O presidente da Xunta explicou que «queremos que o 25% das empresas e o
50% das administracións usen solucións dixitais inspiradas nestas tecnoloxÃas».
Para concluÃr, Feijóo avanzou a elaboración dun novo
marco xurÃdico coa redacción da Lei de Desenvolvemento de Galicia Rexión
Intelixente e coa preparación dun Código Ético de referencia para blindar unha
dixitalización segura e responsable. A maiores, crearase o Consello Asesor para
a Transformación Dixital de Galicia e a Comisión de Cooperación
Interadministrativa para o Desenvolvemento Dixital.