A FIRST LEGO League Galicia celebrarase o vindeiro 2 de marzo en Ferrol
venres, 23 de febreiro do 2024
A Universidade da Coruña organiza, por décimo ano consecutivo, a FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia), o vindeiro 2 de marzo, no Campus Industrial de Ferrol, entre as 09:00 e as 18:00. Nesta edición, participan un total de 43 equipos (25 na categorÃa FLL Challenge, 16 na FLL Explore e 2 na FLL Discover) e máis de 300 participantes de toda Galicia. O evento, coordinado polo profesor José Antonio Becerra Permuy, poderá seguirse en directo a través da canle oficial de YouTube da FLL Galicia.
A sala anexa ao Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolleu esta mañá a presentación desta décima edición á que asistiron a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares Pernas, a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao RodrÃguez, a concelleira de Educación, Universidade e PolÃtica LingüÃstica do Concello de Ferrol, Patricia Cons Formoso, o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos MÃguez González, e o director da Escola Politécnica de EnxeñarÃa de Ferrol (EPEF), Vicente DÃaz Casás.
Na súa intervención, o coordinador da FIRST LEGO League Galicia, José Antonio Becerra Permuy, explicou que, nesta décima edición, o torneo terá lugar, por segundo ano consecutivo, no Campus Industrial de Ferrol. As presentacións dos Proxectos de Innovación faranse nas aulas da Escola Politécnica de EnxeñarÃa de Ferrol (EPEF) e nas da Facultade de Humanidades e Documentación mentres que o Xogo do Robot se disputará no Pavillón de Esteiro e a entrega de premios terá lugar, en horario de tarde, no Auditorio de Ferrol.
Como cada ano, colaboran nesta iniciativa a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ferrol. Ademais, patrocinan a FLL Galicia a empresa Gabadi SL, o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), o Colexio Profesional de EnxeñarÃa Informática de Galicia (CPEIG), Gadis, ERROR! Ferrol, PuntoGal, Neodyn e Todo Ocio.
- Foto de familia dos representantes das entidades e empresas que colaboran na novena edición da FIRST LEGO League Galicia organizada pola Universidade da Coruña a través da Escola Politécnica de EnxeñarÃa de Ferrol (EPEF) e do Campus Industrial.