A Feira das Ideas de Inicia xuntou o talento innovador dos centros de FP da Coruña
martes, 1 de abril do 2025
A concelleira de Emprego da Coruña, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, supervisou este luns 31 de marzo o desenvolvemento da Feira das Ideas do programa Inicia, que se celebrou no Fórum Metropolitano. Esta iniciativa, que conta co apoio do Concello, está organizada por Espazo Coop, Unión de Cooperativas Galegas.
"Desde o Goberno de Inés Rey colaboramos nesta iniciativa porque consideramos que é importante amosar o talento e o traballo que levan a cabo os centros de Formación Profesional da cidade", indicou Diana Cabanas.
Durante a mañá expuxéronse os 15 proxectos finalistas nunha mostra aberta que incluÃu maquetas, materiais gráficos e outros recursos que deron a coñecer as súas ideas de negocio. Un comité avaliador supervisou todos os proxectos e decidiu que a mellor proposta foi Milgranda, seguido de Recipa e PlastictopÃa, todos eles do RosalÃa Mera. O premio ao centro máis implicado foi para o Nebrija. Os centros participantes nesta xornada foron: a Grande Obra de Atocha, o Centro de Formación Profesional Nebrija, o IES RosalÃa Mera e mais a Escola de Imaxe e Son.
Xa pola tarde, o auditorio do Fórum Metropolitano acolleu a Xornada Inicia, na que foron relatadas diferentes experiencias emprendedoras con representantes de iniciativas locais como Pablo Visos Varela (Sherlook), Enrique do Rosario (Sunwalk Records) ou o equipo de Skomb-by-Tex. A continuación, procedeuse á entrega dos Premios Formación para Emprender, tamén coa participación da concelleira.