A Historia Social Única Electrónica chegará a móbiles en 2020

martes, 11 de xuño do 2019 Redacción

Esta mañá a directora da AMTEGA, Mar Pereira, durante a visita ao Centro de Excelencia en Tecnoloxías Innovadoras Sociosanitarias (CETISS) de Minsait, a filial de Indra, adiantou que a Historia Social Única Electrónica (HSUE) estenderase no 2020 aos dispositivos móbiles como axuda na atención ás persoas maiores, familias e coidadores nun acto no que participou tamén a conselleira directora xeral de Tecnoloxías da Información de Indra, Cristina Ruiz.
Segundo se avanzou no acto, a Xunta porá en marcha o vindeiro ano a plataforma Asiste, que integrada na Historia Social Única Electrónica (HSUE), facilitará aos profesionais sociais, coidadores e familiares, o seguimento das actuacións sociais, así como outros servizos de valor promovidos desde a Administración. Asiste contará cun asistente virtual, que a través de pictogramas e ferramentas de recoñecemento de voz facilitará a comunicación de xeito intuitivo.
Esta plataforma, que estará dispoñible para todos os cidadáns que teñan aberta unha historia social na Comunidade e se rexistren nela, facilitará a monitorizacion dos parámetros da súa actividade, biomedidas e xeolocalizacion. Os familiares e os coidadores autorizados terán acceso seguro a esta información e recibiran avisos e alertas en tempo real ante calquera anomalía nos patróns de actividade da persoa.
A Historia Social Única Electrónica (HSUE) contribúe a axilizar a tramitación dos servizos e prestacións e a proporcionar unha atención máis personalizada. Actualmente, a plataforma está dispoñible para os traballadores sociais de máis de 250 municipios e concentra as historias sociais en formato electrónico de máis de 650.000 cidadáns.
No acto desta mañá anunciouse, ademais, o lanzamento dunha convocatoria para detectar ideas disruptivas que impulsen o emprendemento tecnolóxico e o desenvolvemento de novas empresas no ámbito sociosanitario. A convocatoria será lanzada ao longo deste ano desde Indraventures, o vehículo en torno ao cal se articula a innovación corporativa de Indra, contará coa colaboración da AMTEGA e será canalizada desde o CETISS,

PUBLICIDADE