A IA de Meta chega a máis territorios e idiomas
martes, 23 de xullo do 2024
A intelixencia artificial de Meta está a avanzar en prestacións e soporte de idiomas, anunciando que Meta AI chega agora a un total de 22 paÃses (sendo os últimos incorporados Arxentina, Chile, Colombia, Ecuador, México, Perú e Camerún) e tamén abriu a interacción con Meta AI a través de WhatsApp, Instagram, Messenger e Facebook en novos idiomas (francés, alemán, hindi, italiano, portugués e español).
AÃnda que esta tecnoloxÃa de intelixencia artificial xenerativa estea a espallarse pola América Latina, parece que tardaremos en vela oficialmente en España, xa que a compañÃa de Mark Zuckerberg ten reparos para achegar as súas novidades ao territorio europeo ante as dúbidas que presenta a regulación actual (que tanto controla o que poden facer os xigantes da Internet como as compañÃas dedicadas a crear grandes modelos de IA).
Os que poidan acceder a Meta AI poden gozar agora de novas capacidades de edición nas imaxes creadas mediante IA (por exemplo, se xeramos unha imaxe cun can, a posteriori podemos mudar a raza do mesmo) e para o mes que vén está previsto que conte con aÃnda máis funcións de edición que permitan afinar mellor as imaxes creadas.
Meta AI tamén ofrece agora a opción de funcionar de xeito preliminar coa opción máis recente do modelo de IA da compañÃa (Llama 405B), o que permite un funcionamento máis áxil e preciso, pero tamén máis capaz á hora de entender o que se lle pregunta, podendo incluso axudar a programar ou a realizar operacións matemáticas.
Outra novidade moi importante é que a partir do mes que vén en EE.UU. e Canadá poderán gozar, de xeito experimental, de Meta AI dende os visores Meta Quest, o que facilitarÃa o uso en mans libres, responder preguntas sobre temas de interese xeral, consultar a previsión meteorolóxica ou incluso sobre o que teñamos ao noso redor cando temos activada a visión en realidade aumentada. Deste xeito, as prestacións que están xa presentes nas lentes de Ray-Ban de Meta chegarÃan aos visores de realidade estendida, deixando clara a intención de Meta de integrar a intelixencia artificial nos seus sistemas.
VÃdeo de demostración de Meta AI nas Meta Quest 3