A IEE Blockchain España distingue dous investigadores do CITIC da Coruña
mércores, 30 de setembro do 2020
Os
investigadores do
CITIC (o Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña)
Paula Fraga e Tiago M. Fernández recibiron un accésit nos Premios
da Iniciativa IEEE Blockchain España ao Mellor Artigo de
Revisión 2020 polo seu artigo A Review on Blockchain Technologies
for an Advanced and Cyber-Resilient Automotive Industry.
A
contribución distinguida céntrase na industria da mobilidade e do
motor, un tecido produtivo mergullado nunha fonda transformación,
botando man de tecnoloxÃas intelixentes (como por exemplo a Internet
das Cousas, IoT polas súas siglas en inglés), co obxectivo de
acadar vehÃculos máis sustentables, seguros e intelixentes. O
traballo dos investigadores do CITIC parte da base das posibilidades
que abrirÃa unha nova tecnoloxÃa en auxe, a cadea de bloques
(blockchain) para dar o empurrón definitivo a este vieiro de
transformación. De feito, sinalan, a cadea de bloques ten capacidade
para arranxar os problemas operativos e de ciberseguridade que dan
lugar, neste sector, a incidentes e cuantiosas perdas.
AsÃ,
o artigo ten como obxectivo proporcionar unha visión global sobre
como blockchain pode transformar a industria da automoción
para afrontar parte das súas retos actuais. De xeito especÃfico, o
artigo revisa os aspectos de seguridade máis relevantes involucrados
nunha cadea de bloques, describindo os principais problemas e eivas
de eficiencia da industria e detallando unha metodoloxÃa para
determinar se a devandita tecnoloxÃa pode axudar a abordar tales
problemas. Tamén identifica escenarios innovadores onde o sector do
motor e da mobilidade terÃa capacidade para aproveitar as
potencialidades do blockchain para mellorar a seguridade,
reducir custos e aumentar a súa eficiencia operacional.
Finalmente,
proporciónanse recomendacións para orientar aos futuros
investigadores, desenvolvedores e directivos sobre algúns dos retos
que deberán enfrontarse antes de aplicar a vindeira xeración de
aplicacións blockchain para a automoción.
