A ITC considera que Insta360 violou unha patente de GoPro
venres, 11 de xullo do 2025

- Deseño recollido na patente de GoPro
A Comisión de Comercio Internacional dos Estados Unidos (ITC) vén de emitir unha determinación inicial mixta na disputa por patentes entre GoPro e Insta360. A resolución recoñece a infracción do deseño da icónica cámara Hero de GoPro por parte de Insta360, pero invalida ou descarta a maiorÃa das reclamacións da compañÃa estadounidense baseadas en patentes de utilidade.
Segundo o ditame emitido por un xuÃz administrativo da ITC, Insta360 infrinxiu o deseño protexido pola patente estadounidense D789,435, propiedade de GoPro. Esta patente cobre o aspecto visual distintivo das cámaras Hero, un elemento clave na identidade de marca da compañÃa californiana.

- As Insta360 Ace son cámaras claramente inspiradas nas GoPro
Con todo, o mesmo xuÃzo determinou que as cinco patentes de utilidade esgrimidas por GoPro, relacionadas con tecnoloxÃas como a estabilización de vÃdeo HyperSmooth, o aliñamento do horizonte, a conversión de proporcións e a distorsión de imaxe, ou ben non foron infrinxidas ou foron declaradas inválidas total ou parcialmente.
GoPro celebrou a decisión sobre o deseño como unha vitoria significativa, mentres que a chinesa Insta360 acolleu con satisfacción o rexeitamento das principais patentes de utilidade de GoPro.
A resolución inicial non afecta á dispoñibilidade dos produtos de Insta360 nos Estados Unidos nin á súa distribución global. A compañÃa continúa comercializando toda a súa gama de cámaras sen restricións.
A decisión definitiva da Comisión está prevista para o 10 de novembro. Ata entón, tanto GoPro como Insta360 poden presentar alegacións adicionais e solicitar revisións parciais da resolución.
