A Marvel animará comics para vendelos a través de iTunes

mércores, 11 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Astonishing X-Men será a primeira serie en animarse para iTunes

Durante a New York Comic Con anunciaron que Marvel Comics está a traballar no desenvolvemento de comics animados para vender a través de iTunes, para aproveitar o potencial do iPhone e o iPod Touch coma dispositivos de lectura, o que comezará cos 10 primeiros números da serie Astonishing X-Men, de Joss Whedon e John Cassaday.
Este novo produto non será un cómic, nin debuxos animados, senón que conformará un proxecto de natureza híbrida, o que xa se puido ver en moitas ocasións con pouco éxito, e incluso se editaron en España varios video comics en DVD no ano 2004 quedando totalmente no esquecemento.

A serie X-Men: Evolution xa está á venda en iTunes

Lembremos que a animación de comics é unha técnica moi vella, á que se recorría como un xeito de produción barata de animacións, pero as experiencias previas non terían por qué ensombrecer esta nova aposta da Marvel, que podería atopar en iTunes unha plataforma na que este tipo de produtos teñan algunha saída.
Incluso a propia editorial vén de anunciar que a súa serie de animación (emitida previamente por televisón) X-Men: Evolution ten xa as súas 4 primeiras tempadas á venda en iTunes ao prezo de 1,99 dólares/episodio, o que podería aproveitar o pulo da actual serie Wolverine and the X-Men, que ten unha liña gráfica moi semellante.


Demostración de cómo se verían os video comics