A Mesa pide que a aplicación Radar COVID estea dispoñible en galego
luns, 10 de agosto do 2020
Hai unha semana demos conta da posibilidade
de instalar nos nosos dispositivos móbiles a aplicación de rastrexo de
contactos Radar COVID, que será a empregada oficialmente no territorio
español para tirar proveito da solución artellada por Google e Apple para
axudar a mitigar a pandemia facilitando información sobre a nosa exposición á
COVID-19 valéndonos da información recollida a través de Bluetooth para saber
asà se estivemos en contacto con persoas que indicasen dar positivo nunha proba
de coronavirus.
Dende o Estado confÃan en poder aplicar esta ferramenta de xeito xeral en todo
o territorio español a partir do 15 de setembro, pero mentres abren a
posibilidade a que as comunidades autónomas vaian incorporándose a este
programa de rastrexo de contactos que entrarÃa en funcionamento hoxe mesmo e,
aÃnda que descoñécese o que acontecerá no caso galego, dende A Mesa pola
Normalización LingüÃstica denuncian
que a aplicación publicada está dispoñible só en español e inglés,
ignorando as linguas co-oficiais do Estado.
O presidente da Mesa, Marcos Maceira, asegura que «temos dereito a recibirmos
información, atención e axuda sobre a COVID-19 en galego». A Mesa, a través da
Liña do Galego, instan ás institucións sanitarias a mudar esta situación e
comunicar información sobre a COVID-19 na nosa lingua.