A Nintendo 3DS chegará a Europa en marzo de 2011

xoves, 30 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Durante a Nintendo Conference 2010 déronse a coñecer os últimos detalles sobre a Nintendo 3DS, a nova consola portátil que busca impresionar ao mundo cunha pantalla 3D que non precisa de lentes para o seu uso e que finalmente non chegará ao mercado antes do Nadal para evitar os problemas de abastecemento que caracterizaran á Wii tras o seu lanzamento, de xeito que no Xapón poderá mercarse por 25.000 iens (219,42 euros) a partir do 26 de febreiro para chegar a Europa só un mes despois, a un prezo que debería estar preto dos 250 euros, o que non impide que a compañía agarde vender 4 millóns de unidades no seu primeiro mes.
No tocante ao seu hardware, a Nintendo 3DS mide 134 x 74 x 21 milímetros, pesa 230 gramos, ten unha pantalla superior de 3,53 polgadas cunha resolución de 800 x 240 píxeles e unha pantalla táctil de 3,02 polgadas cunha resolución de 320 x 240 píxeles, 2 cámaras de 0,3 Mpíxeles (que permitirán tomar imaxes en 3D), xiroscopio, sensor de movemento, lector de tarxetas SD (inclúe unha de 2 Gb) e unha stylus retráctil de 10 centímetros.
Como novidade, Nintendo anunciou que a 3DS terá unha Consola Virtual dende a que descargar xogos de Game Boy e Game Boy Color que incluso poderán verse en 3D. Tamén incluiranse os populares avatares coñecidos coma Mii na consola portátil, podendo xerarse automaticamente valéndose da cámara da 3DS. Potenciaranse as posibilidades de xogo en rede a través de comunicacións sen fíos e a realidade aumentada terá moito peso nesta nova consola.
Durante a pasada edición do Tokyo Game Show moitos notaron pouca presenza de xogos para as consolas portátiles de Nintendo, e todo parecía provocado por unha estratexia da compañía nipona que preferiría reservar os seus anuncios para estas datas, e finalmente o catálogo inicial da Nintendo 3DS non decepcionará a ninguén, pois inclúe títulos para todo tipo de xogadores:
- Metal Gear Solid 3D (Konami)
- Samurai Warriors Chronicle (Tecmo Koei)
- Resident Evil Revelations (Capcom)
- Super Street Fighter IV 3D Edition (Capcom)
- Dynasty Warriors (Tecmo Koei)
- Ninja Gaiden (Tecmo Koei)
- Dead or Alive Dimensions (Tecmo Koei)
- Kingdom Hearts 3D (Square Enix)
- Chocobo Racing 3D (Square Enix)
- Super Black Bass 3D (Star Fish SD)
- Super Monkey Ball (Sega)
- Sonic (Sega)
- Rika-chan 3DS (Sega)
- Animal Crossing (Nintendo)
- Kid Icarus (Nintendo)
- Star Fox 64 3D (Nintendo)
- Steel Diver (Nintendo)
- Nintendogs + Cats (Nintendo)
- Mario Kart (Nintendo)
- PilotWings Resort (Nintendo)
- Paper Mario (Nintendo)
- The Legend of Zelda Ocarina of Time 3D (Nintendo)
- Kororinpa Series (Hudson)
- Deca Sporta Series (Hudson)
- Bomberman Series (Hudson)
- Gundam Series (Namco Bandai)
- Super Robot Series (Namco Bandai)
- Dragon Ball Series (Namco Bandai)
- PacMan & Galaga (Namco Bandai)
- Ridge Racer (Namco Bandai)
- Harvest Moon 3D (Marvelous)
- Professor Layton and the Miracle Mask (Level-5)
- Crash-City GP (Rocket Company)
- VS-robo (Rocket Company)
- Class of Heroes 3Dx3D (Acquire)
- Combat of Giants Dinosaur 3D (Ubisoft)
- Driver 3D (Ubisoft)
- Ghost Recon Tactics (Ubisoft)
- Splinter Cell 3D (Ubisoft)


Vídeo no que podemos ver moitos dos xogos que terá a Nintendo 3DS

PUBLICIDADE