A OMS xa informa en español sobre a COVID-19 a través de WhatsApp

venres, 27 de marzo do 2020 Marcus Fernández

Xusto unha semana despois da estrea do chatbot da OMS para informar a través de WhatsApp sobre a COVID-19 en inglés, estréase o chatbot en español, ao que podemos acceder enviando a palabra «hola» ao número de teléfono +41 22 501 76 90, ao que o bot responde cun menú de opcións co que podemos interactuar para recibir de primeira man información oficial das últimas cifras sobre a pandemia, consellos sobre como protexerse, falsidades que debemos ignorar e novas sobre o tema.
Este novo chatbot quere facilitar o acceso á información da OMS sobre o coronavirus, xa que o WhatsApp conta con 2 mil millóns de usuarios repartidos por todo o mundo aos que esta ferramenta supón en moitos casos a principal fonte de información.

O chatbot de WhatsApp achega información oficial da OMS sobre o coronavirus

PUBLICIDADE