A Oficina AceleraPeme da Deputación de Ourense organiza unha charla sobre a factura electrónica
luns, 28 de abril do 2025
Dende a Oficina AceleraPyme da Deputación de Ourense, que orienta a empresas e emprendedores da provincia cara a súa dixitalización, anuncian que mañá, martes 29 de abril, terá lugar unha acción dinamizadora baixo o tÃtulo de Nueva Factura Electrónica, e levarase a cabo no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Indo á actividade, dicir que se atopa inserida no Proxecto AcelerOU, conta co financiamento da Unión Europea a través do programa NextGenerationEU e enmárcase na estratexia España Digital 2026. Engadir que está pensada para autónomos, emprendedores e pequenas empresas que precisen adaptarse ás novas obrigas legais en materia de facturación electrónica.
Na sesión trataranse temas como o Programa Verifactu, as novas normativas e o papel do Kit Dixital no proceso de transformación. En canto ao relator desta sesión, dicir que será Ignacio FontaÃña, de EVOLK Galicia, experto en transformación dixital empresarial.
A entrada é libre e gratuÃta, sen necesidade de inscrición previa. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar coa Oficina AceleraPyme da Deputación de Ourense, a través do teléfono 627 500 345, o correo acelerapyme.contacto@depourense.gal ou na mesma web de AceleraPyme.