A PS4 estrea reprodutor multimedia con soporte de formatos populares
martes, 16 de xuño do 2015
Os usuarios de PlayStation 4 están a recibir hoxe unha
importante actualización para a súa consola de videoxogos de cara ao seu uso
como centro multimedia, xa que o
Media Player de PS4 xa pode descargarse da PlayStation Store, o que abre a
porta á reprodución de arquivos de música e vÃdeo dende un servidor multimedia
doméstico ou un dispositivo de almacenamento USB, de xeito que tanto podemos
escoitar a nova música favorita de fondo na PS4 como podemos
acceder a numerosos vÃdeos que teñamos nos formatos máis populares na Internet.
A nova aplicación permite reproducir vÃdeos en MKV (con vÃdeo H.264/MPEG-4 AVC
e audio MP3, AAC LC ou AC-3), AVI (con vÃdeo MPEG4 ASP, H.264/MPEG-4 AVC e
audio MP3, AAC LC ou AC-3), MP4 (con vÃdeo H.264/MPEG-4 AVC e audio AAC LC ou
AC-3) e MPEG-2 TS (con vÃdeo H.264/MPEG-4 AVC ou MPEG2 Visual, audio MP2, AAC
LC ou AC-3 e incluso co formato AVCHD; tamén amosa imaxes en JPEG, BMP e PNG; e
reproduce música en MP3 e AAC (M4A).
Esta nova ferramenta resulta de grande utilidade para os que queren aproveitar
a súa consola de videoxogos doméstica como reprodutor de contido multimedia no
salón.