A Panasonic LUMIX GH2 será compatible con obxectivos 3D

martes, 21 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Panasonic anunciou en xuño que estaba a preparar un obxectivo para as súas cámaras LUMIX G que permitiría que cun único sensor puidese tomarse imaxes estereoscópicas para poder velas despois en televisore 3D coma os Panasonic VIERA a través da súa saída mini HDMI, e esta innovación quere aproveitarse á hora de promocionar a nova micro catro terzos da compañía, a Panasonic LUMIX GH2, que cun sensor LIVE MOS de 16,05 Mpíxeles, gravación de vídeo a 1.080i a 60 cadros por segundo (soportando tamén a gravación en Full HD a 24 cadros en progresivo a 24 Mbps en formato AVCHD), pantalla táctil de 3 polgadas e a posibilidade de tomar fotografías a 14 Mpíxeles durante a gravación de vídeo (ou disparar ráfagas de 5 imaxes por segundo).
Esta nova cámara chegará en decembro a un prezo de 899,95 dólares (676,76 euros) só o corpo.

PUBLICIDADE