A PirateBox permite montar redes locais anónimas nas que comunicarse e intercambiar contidos

luns, 2 de xuño do 2014 Marcus Fernández

Para ter un sistema anónimo de comunicación e intercambio de ficheiros móbil fóra de liña desenvolveuse PireteBox, unha solución baseada en software libre e que pode construírse por só 35 dólares, que vén de chegar á súa versión 1.0, polo que xa convidan á público a construír un destes pequenos routers baseados en OpenWRT (o que pode facerse flasheando algúns routers comerciais ou creando un destes trebellos directamente con Raspberry Pi ou un portátil correndo Linux).
Con PirateBox é posible montar redes nas que intercambiar ficheiros, chatear, participar en foros e reproducir contidos multimedia mediante streaming dun xeito anónimo, que ao non levar o seu tráficos á Internet e non rexistrar ningún tipo de dato pode considerarse como unha plataforma tan segura como privada. Incluso é posible dotar a un destes trebello de batería para poder empregalo en mobilidade e, incluso nun modo en rede no que varias PirateBox montarían unha malla que permita a comunicación en grandes áreas (aínda que esta funcionalidade aínda está nunha fase de desenvolvemento pouco madura).
Unha curiosa solución para os máis receosos da súa privacidade poidan desenvolver interesantes proxectos conectados en local.

PUBLICIDADE