A Policía Nacional incauta 48 millóns de imaxes de pornografía infantil na operación Penalty

luns, 16 de xullo do 2007 Marcus Fernández

A Policía Nacional incautou 48 millóns de imaxes e vídeos de pornografía infantil que circulaban pola Rede nunha operación desenvolvida nas últimas semanas nas que se imputou a 66 persoas.
A operación Penalty iniciouse no pasado mes de setembro, e contou coa colaboración de preto de 50 xulgados e 300 axentes, levándose a cabo en 40 provincias nas que se realizaron 58 rexistros (dos que podemos destacar un en A Coruña e outro en Pontevedra).
Dende os Policía Nacional destacaron o dato anecdótico de que un dos detidos “tiña almacenada en 21 discos duros externos a meirande cantidade de pornografía infantil detectada ata o momento (..) a unha soa persoa”.
Neste momento estase a investigar se os imputados só descargan os contidos pederastas ou se estaban involucrados nalgún tipo de delito de abusos a menores.