A RAGC incorpora como académicos a figuras relevantes de diferentes sectores

martes, 22 de febreiro do 2022 Anxo Sesto

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou este 22 de febreiro de 2022 a apertura do seu curso académico nun acto no Pazo de San Roque en Santiago de Compostela, tamén transmitido pola canle de YouTube da RAGC. Ao acto asistiron o presidente da RAGC, Juan M. Lema Rodicio, así como o reitor da UDC ou a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, entre outras personalidades.

Marisol Soengas

Juan Lema inaugurou coa súa intervención o curso académico e fixo un repaso das actividades desenvoltas durante o ano pasado presentando a memoria do curso 2021. Durante o acto e tendo en conta a situación pandémica, o catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular na USC aproveitou para destacar o papel da noso sistema inmunitario para nos defender das infeccións víricas e explicar as características estruturais da COVID-19.

Ángel Sanjurjo

Pola súa banda, a RAGC presentou aos cinco novos académicos e académicas correspondentes da institución científica: María Soledad Soengas González, Ana Cebreiro Gómez, Aníbal Ollero Baturone, Manuel J. Tello León e Ángel Sanjurjo Bermúdez.
María Soledad, natural de Agolada, sinalou que nunca se imaxinara poder chegar ata unha Real Academia das Ciencias e quixo recoñecer a importancia do apoio que recibiu tanto do ámbito persoal como profesional para chegar a onde agora se atopa.

Ana Cebreiro

No sector na economía, Ana Cebreiro destacou a “honra e orgullo” que supón para ela este posto como académica. Unha galega en EE.UU. que rexeita as inxustizas e desigualdades entre países no ámbito financeiro; así como tamén lle preocupan as desigualdades que provocou a COVID-19 no crecemento da economía dos países.
Chegando ao ecuador do acto, Aníbal Ollero, despois de facer un percorrido pola súa traxectoria científica, indicou que a investigación sobre vehículos aéreos non tripulados e a robótica aérea pertencen ao seu campo de especialización. Tamén destacou a importancia que teñen na actualidade os drons, así como o seu interese por desenvolver unha nova xeración de drons autónomos baseados nos comportamentos dos paxaros.

Manuel Tello

De seguido, o catedrático de Física, Manuel Tello, reflexionou sobre flexibilidade e a fé que se debe ter no campo da ciencia experimental. Abordou tamén temas como o do cientismo, o Discurso do Método e o teorema de Kart Gödel.
Como remate da xornada, o director emérito do Stanford Research Institute, Ángel Sanjurjo, pechou a quenda de intervencións agradecendo, tanto aos docentes que o levaron polo camiño da química, como a compañeiros que o acompañaron nese duro camiño.

Anibal Ollero
Manuel Freire na lección maxistral

PUBLICIDADE