A Rede CeMIT celebrou cun vÃdeo colectivo o DÃa Mundial de Internet
luns, 18 de maio do 2020
Este
17 de maio celebrouse a nivel online a significativa
coincidencia do DÃa das Letras Galegas e o DÃa da Internet, dúas
efemérides que este ano deron en entremesturarse dun xeito especial,
en boa medida pola imposibilidade de celebrar a nosa cultura de xeito
multitudinario e presencial, o que motivou un programa especialmente
virtual. Esta
virtualidade tamén foi un dos grandes ingredientes das celebracións
da Rede de aulas CeMIT que xestionan a axencia AMTEGA e os nosos
concellos en 92 termos municipais da nosa terra. A Rede celebrou o
DÃa de Internet cun vÃdeo protagonizado pola comunidade usuarios,
voluntarios e axentes TIC responsables das aulas, nos que destacaron
as vantaxes de vivir conectados e as posibilidades que abren as
canles dixitais para permitir que a vida siga mesmo cando todo se pon
en contra.
Foi
unha iniciativa da Rede CeMIT xunto co Programa e Voluntariado
Dixital (Voldix), impulsados pola Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). O
vÃdeo colaborativo presentouse baixo o epÃgrafe CeMIT e Voldix
contigo: Conectad@s estámolo conseguindo! e formou parte dun programa
xeral de actividades, agrupadas baixo o cancelo
#diadeinternet, que se celebrou integramente online,
permitindo que calquera cidadán poida participar neles desde a súa
casa. O tema das actividades foi destacar o papel da Internet e da
tecnoloxÃa na crise sanitaria.
Actividades
das aulas
As
aulas da Rede CeMIT sumáronse a diferentes iniciativas para
conmemorar o DÃa de Internet como a colaboración coa Asociación
Somos Digital para difundir a oferta de seminarios en liña e
webinars con expertos sobre tecnoloxÃa en tempos de coronavirus
durante toda esta semana. Esta actividade buscaba sensibilizar á
sociedade galega sobre as posibilidades do uso da Internet asà como
da redución da fenda dixital e do fomento do uso seguro e
responsable.
Tamén
se ofreceu a posibilidade de participar no #RetoScratch para crear un
videoxogo e participar na iniciativa Súmate ao Reto ODS dirixido a
formadores e educadores co obxectivo de sensibilizar á cidadanÃa
sobre como poden utilizar Internet e os dispositivos tecnolóxicos de
forma sustentable e contribuÃr asà aos Obxectivos de
Desenvolvemento Sustentable (ODS).
