A Rede CeMIT renova a súa páxina web para achegarse aos seus usuarios

luns, 21 de maio do 2012 Redacción

A Rede de Aulas para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT) da Xunta conta desde esta semana web renovada que simplifica o acceso a toda a información relacionada coas actividades dos seus 98 centros e incorpora novos servizos, que facilitan os trámites en liña aos usuarios.
O novo portal da Rede CeMIT permite a aos cidadáns solicitar a súa alta como usuarios en liña, e reservar praza nas distintas actividades programadas, chegándolle a confirmación da matrícula vía e-mail. Outra das novidades é que os usuarios da Rede poderán ver o seu historial académico e cumprimentar as enquisas de satisfacción asociadas ás actividades nas que participaron a través da web.
Ademais, as melloras no portal permiten unha actualización a tempo real das actividades programadas dentro das aulas da Rede. Con esta novidades alcánzase unha automatización dos procesos de xestión e un maior achegamento a toda a cidadanía.