A Surface Go con LTE por fin ao alcance do consumidor
mércores, 16 de xaneiro do 2019
O ano
pasado a tableta Surface Go de Microsoft púxose á venda en España en pleno
verán, na súa versión normal, chegando
o 22 de novembro a súa edición con conectividade LTE Advanced, pero só para o
público profesional, limitación que por fin desaparece, de xeito que
calquera usuario pode mercar xa a Surface Go
con conectividade móbil a un prezo de 729 euros.
Concretamente falamos dun modelo con procesador Intel 4415Y, 8 GB de RAM e 128
GB de almacenamento interno, que grazas á súa pantalla de 10 polgadas, a un
peso de 522 gramos e a unha autonomÃa de até 9 horas pode ser unha solución
interesante para quen precisa dun produto hÃbrido entre tableta e ordenador
portátil, que sexa especialmente transportable.
Cómpre lembrar que o Surface Go véndese solto, ou sexa, que a súa funda con
teclado (129,99 euros) e o lapis dixitalizador (109,99 euros) hai que mercalos
por separado, polo que non é un produto precisamente económico, de xeito que a
súa compra estarÃa recomendada principalmente para usuarios profesionais que
valoran especialmente a transportabilidade do produto.