A TDT dálle un importante pulo económico a Televés

luns, 11 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Televés pechou o exercicio de 2006 cunha facturación récord de 192,1 millóns de euros, o que supón un crecemento do 24,2% con respecto ó exercicio anterior, explicándose esta evolución nas cifras do negocio na aposta pola empresa compostelá na implantación da Televisión Dixital Terrestre, comercializando xa un millóns de antenas para a adaptación da TDT, aínda que tamén comercializaron adaptadores para a recepción e distribución do sinal da nova televisión.
Actualmente Televés é o único fabricante español de receptores de TDT, aínda que tamén destaca a súa actividade de I+D na alta definición, a televisión polo móbil e mesmo un sistema domótico baseado no terminal de telefonía móbil coma controlador.