A Tecnópole acolle este martes un encontro sobre redes e enerxía entre empresarios galegos e portugueses

luns, 26 de abril do 2010 Fernando Sarasketa

O Parque Tecnolóxico de Galicia (San Cibrao das Viñas, Ourense), vai acoller este martes 27 de abril un encontro empresarial galego-portugués sobre diversos xeitos de colaborar nun obxectivo común: a superación da crise produtiva actual mediante o uso e posta en marcha das máis variadas expresións e ferramentas do coñecemento e da comunicación. A xuntanza, que comezará ás 10.30 no salón de actos do Edificio CEI da Tecnópole (na imaxe), dará acubillo a medio cento de representantes de 28 firmas, centros tecnolóxicos e asociacións empresariais de ámbolos dous países irmáns. Segundo informan dende o Parque, será unha xornada de traballo de exposicións, mesas sectoriais e reunións empresariais organizadas en función dos intereses amosados polos participantes. Haberá tres eidos de actividade: novas tecnoloxías da información, biotecnoloxía e enerxías renovables.
A sesión de apertura, programada para as 10.30 horas, correrá a cargo do director xeral de I+D da Xunta, Ricardo Capilla.
A continuación, damos conta do programa en detalle.
10.00 h Recepción e acreditación dos/das participantes.
10.30 h Presentación do Parque Tecnolóxico de Galicia e da política de innovación da Xunta de Galicia. Ricardo Capilla, director xeral de I+D+i e vicepresidente e conselleiro delegado da Tecnópole.
11.00 h Conferencia inaugural: Oportunidades de financiamento de proxectos
empresariais. Norberto Penedo Rey, subdirector de Xestión de Proxectos do Instituto
Galego de Promoción Económica (IGAPE).
11.30 h Pausa Café.
12.00 h Comunicacións:
Sala 1- Mesa redonda: Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) da Eurorrexión. Proxectos conxuntos no sector das TIC´s.
Modera: Beatriz Monfort Liniers. Técnico de proxectos de Tecnópole.
Sala 2- Mesa redonda: Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) da Eurorrexión. Proxectos conxuntos no sector das Enerxías Renovables.
Modera: Beatriz González-Tejada Jácome. Técnico de proxectos de Tecnópole.
Sala 3- Mesa redonda: Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) da Eurorrexión. Proxectos conxuntos no sector da Biotecnoloxía.
Modera: Nuria Bueno Aizpuru. Técnico de proxectos de Tecnópole.
14.00h Xantar
16.00 h-18.00 h Reunións de traballo entre as empresas.
18.00 h-19.00 h Conferencia Cámara Hispano-Portuguesa de Comercio e Industria
(CHP): Biotecnoloxía Ibérica : un desafío para as empresas’.
· Aureliano Neves, presidente da CHP, presentará a Cámara e os servizos que presta os seus asociados.
· Antonio Viñal, de Antonio Viñal&Co Abogados, delegado para Galicia da CHP, desenvolverá a conferencia anteriormente citada.

PUBLICIDADE