A UDC e Everis premiarán con 1.000 euros o mellor proxecto de fin de carreira de Informática

xoves, 13 de xaneiro do 2011 Fernando Sarasketa

Fachada da Facultade de Informática na Coruña

A Universidade da Coruña vén de establecer un acordo coa empresa multinacional con base española Everis (especializada en deseño e aplicación de ferramentas tecnolóxico-dixitais) co obxectivo de recoñecer o mellor proxecto de fin de carreira ao abeiro da titulación de Enxeñaría Informática de UDC ao longo deste curso. O premio en cuestión virá acompañado de 1.000 euros e dunha oferta de traballo para incorporarse á dita empresa, con sede principal en Madrid pero con centros de operacións en máis de unha ducia de países.

Segundo informou o decano de Informática, Alberto Valderruten, durante a presentación do acordo perante os medios, unha das grandes finalidades da UDC é acadar as máis firmes ligazóns posibles entre os campus da Universidade e o eido da empresa. Ao seu xuízo, tódalas actividades que vaian dirixidas cara a esta meta, contarán sempre co apoio da Facultade de Informática.

Neste senso, subliñou que esta aposta do centro educativo non é nova, é nesa liña insírese outras liñas de colaboración previas coa dita multinacional, tanto no eido das prácticas laborais como no que se refire a recoñecementos a iniciativas dos alumnos.