A USC acolle un congreso que pon o foco nas luces e sombras das TIC no ensino
xoves, 30 de novembro do 2023
O Campus Norte da USC, concretamente a Facultade
de Ciencias da Educación, acolle esta semana (ata mañá venres) un
evento que pon o foco no uso das TIC no ensino, e nas vantaxes e
riscos que as tecnoloxÃas ofrecen a profesorado e alumnado.
Estamos
a falar do XXIV Congreso Internacional da Sociedade de Didáctica da
Lingua e a Literatura (SEDLL) que se desenvolve baixo o lema A
Didáctica da Lingua e a Literatura ante o reto da nova lei educativa
e está organizado pola área de Didáctica de Lingua e Literatura do
Departamento de Didácticas Aplicadas da Facultade de Ciencias da
Educación compostelá.
Entre as máis de 150 charlas e presentacións
inclúense temas coma comparación entre a capacidade de redacción
das intelixencias artificiais fronte á de docentes do futuro, o
desenvolvemento do hábito lector en inglés a través da promoción
das videorreseñas de booktubers ou o deseño de ferramentas
tecnolóxicas para deseñar un sistema de adestramento ortográfico
destinado a persoas de lingua inicial portuguesa que queiran aprender
a lingua española.
Amais, analÃzase temas especÃficos como o
desenvolvemento de destrezas e estratexias auditivas a través de
cancións pop na clase de lingua estranxeira, a aprendizaxe e a
investigación lingüÃstica a través das redes sociais ou a
práctica de xogos en liña como xeito de aprendizaxe.
Entre as propostas máis destacadas do congreso
tamén figura a mesa redonda que se desenvolverá este xoves 30 a
partir das 16.00 horas no Salón de Actos da Facultade baixo o lema O
fomento da lectura: a eterna materia pendente, que modera a
profesora da USC Montse Pena Presas.