A USC lanza en probas a súa aplicación móbil para a práctica do deporte
luns, 15 de febreiro do 2021- Deportista nas pistas da Universidade de Santiago nunha imaxe de Santi Alvite
A
Universidade
de Santiago de Compostela pon en marcha a aplicación móbil USC
Deportes, dispoñíbel
para as persoas usuarias do seu Servizo de Deportes.
Esta proposta está deseñada para consultar e seguir
á carta un repositorio de clases virtuais de balde da man de
profesorado experto e cualificado.
A
aplicación consegue ampliar o catálogo de recursos dispoñibles
para o conxunto da comunidade universitaria, así como propoñer
novas ferramentas para afrontar a situación actual con alternativas
que axuden a continuar coa programación de actividades con
independencia
das circunstancias socio-sanitarias.
Polo
momento a aplicación encóntrase en período de probas.
Para acceder é necesario descargala e rexistrarse dende a conta de
usuario/a habitual.