A Unión Europea destaca o compromiso co software libre do Concello de Rianxo
luns, 4 de maio do 2020
O
Concello de Rianxo leva anos apostando pola tecnoloxÃa sen cancelas:
a que se comparte libremente, ceiba do pago de licenzas privativas e
ten a vantaxe de poder ser adaptada a diferentes contornas e
mellorada en comunidade, unha aposta que segue a manifestarse en
diversas iniciativas, como
por exemplo a recente adopción do sistema Jitsi para impulsar as
vÃdeo-conferencias e o teletraballo. Na recta final de abril, o
proceso rianxeiro de implantación de software libre foi destacado
como exemplo a seguir polo
Open Source Observatory and Repository (OSOR) da
Unión Europea, que publicou unha entrevista co Departamento de
Informática municipal.
Tras
coñecer a posta en marcha do servidor propio de Jitsi, o sistema
libre de vÃdeo-conferencia, Gijs Hillenius, integrante do OSOR,
contactou co Departamento de Informática do Concello de Rianxo para
interesarse pola situación do concello en canto á adopción de
tecnoloxÃas libres e de código aberto.
A
través dunha vÃdeo-conferencia-entrevista, Hillenius quixo coñecer
os pasos que se deron na implantación do software libre, e ao mesmo
tempo achegar as experiencias doutras entidades que tamén apostaron
por tecnoloxÃas sen cancelas con vistas a seren aproveitadas, tamén,
polo concello barbanzán.
Sobre
a entrevista publicouse
un artigo no blog do OSOR.
