A Universidade da Coruña ultima os detalles para festexar o DÃa da Ciencia na Rúa
venres, 9 de maio do 2025
Como xa informamos dende Código Cero, a Universidade da Coruña (UDC) sumarase mañá, sábado 10 de maio, á celebración do DÃa da Ciencia na Rúa, promovido polo Concello da Coruña, os Museos CientÃficos Coruñeses, a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e a Cátedra Emalcsa-UDC, e que terá lugar no parque de Santa Margarida en horario de 11 a 19 horas.
Cómpre sinalar que serán varios os centros e servizos da UDC cun espazo no evento para realizar diversas actividades. AsÃ, dende a Cátedra Emalcsa-UDC, que amais participa na organización da xornada, haberá un espazo adicado á divulgación ambiental do programa COAWA: A Comunidade da Auga, que quere amosar a importancia da auga como un servizo ecosistémico indispensable para a sociedade. Realizaranse actividades relacionadas co medio natural vinculado á auga en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat, e a presentación do proxecto Amor de Auga Lixeira do IES Rafael Dieste sobre as fontes da cidade. Tamén desenvolverán actividades interactivas: xogos, identificación de especies, caracterización da auga, etc.
No caso dos centros de investigación da UDC, o Centro Interdisciplinar de QuÃmica e BioloxÃa da UDC (CICA) levará 12 obradoiros con outros tantos grupos de investigación, que terán lugar ao longo de toda a xornada e tratarán sobre temas de saúde, sostibilidade e nanociencia.
Pola súa banda, o Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as Comunicacións da UDC (CITIC) achegará unha serie de retos e obradoiros relacionados co seu programa Talentos Inclusivos, e tamén diversos xogos e actividades que achegarán ao público a realidade virtual, a Intelixencia Artificial ou a bioinformática.
O Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e EnxeñarÃa Civil (CITEEC), presentará as miniaturas dalgunhas das máquinas máis emblemáticas coas que conta este centro de investigación da UDC; e reproducirá ensaios dos que teñen lugar no dÃa a dÃa das súas instalacións.
A Facultade de Ciencias ten organizados diversos xogos para aprender sobre o ADN en ArqueoloxÃa, os contaminantes ambientais ou a BioquÃmica e a BioloxÃa Molecular.
A Escola Técnica Superior de EnxeñarÃa de Camiños, Canles e Portos proporá varias actividades vencelladas á EnxeñarÃa Civil, como a construción de pontes e outro tipo de estruturas, ou a análise de transporte.
A Unidade de Divulgación CientÃfica e Cultural da UDC contará cun amplo programa de actividades con temáticas moi diversas: o uso positivo da IA, quÃmica, enerxÃa eólica, aforro de auga, a importancia das abellas ou electricidade, entre outras.
O Grupo de Divulgación CientÃfica e Innovación Docente UDCiencia d+i participará cunha serie de obradoiros sobre FÃsica, animais mariños e CSI Coruña, unha iniciación á análise forense de ADNie dactiloscopia.
En resumo, serán 8 carpas da UDC, nas que participará preto dun centenar de persoal investigador ao longo da xornada para festexar o DÃa da Ciencia na Rúa.
