A Xbox One poderá empregarse para ver a televisión grazas a un accesorio
xoves, 7 de agosto do 2014
A Xbox One contan dende o seu lanzamento cun sistema para a
visualización de contidos televisivos en directo achegados a través dunha
entrada HDMI, pensando principalmente nos receptores de televisión por cable de
EE.UU., e dado que este xeito de consumir televisión noutros paÃses non é tan
popular, Microsoft vén de anunciar que en outubro teremos
nas tendas un sintonizador de TDT externo que poderá conectarse á consola para
que podamos gozar da experiencia de ver a televisión a través da Xbox One.
O accesorio que sairá á venda en Reino Unido, Francia, Alemaña, Italia e España
pode achegar ao porto HDMI da consola tanto o sinal televisivo da TDT (DVB-T)
como as canles en aberto de provedores de televisión por cable como R (DVB-C),
e como principais funcionalidades ten que podemos ver as canles televisivas
directamente dende a consola (sen ter que andar mudando de canle no televisor)
o que permitirÃanos tamén poder recibir invitacións a xogar e notificacións
mentres vemos a televisión; permite ver a televisión a pantalla partida (de
xeito que mentres poderiamos estar a xogar ou a empregar aplicacións como Skype;
podemos empregar a función de pausa en directo; contaremos cunha guÃa de
programación dende a consola; podemos personalizar a guÃa de programación para
que amose as nosas canles favoritas; podemos mudar de canle mediante a voz;
poderemos empregar a guÃa de programación a través da aplicación móbil Xbox
SmartGlass; e incluso teremos acceso a algúns contidos á carta a través da guÃa
de programación OneGuide.
O prezo deste dispositivo será de 29,99 euros.