A Xunta achegará telematicamente información tributaria á Deputación da Coruña

luns, 10 de xuño do 2013 Redacción

Para reducir os trámites burocráticos, a Axencia Tributaria Galega (ATRIGA) cederá información tributaria á Deputación da Coruña a través de procesos telemáticos, de xeito que o organismo provincial poderá acceder a tal documentación sen ter que solicitarlla aos cidadáns, o que tamén supón unha maior axilidade e fiabilidade. Para poder desenvolver este novo mecanismo a presidenta da ATRIGA, Elena Muñoz Fonteriz, e o presidente da Deputación, Diego Calvo, asinaron hoxe un convenio de colaboración entre ambos entes.
Entre os trámites que a Deputación poderá realizar por vía telemática está a comprobación de que unha entidade ou contribuínte está ao corrente dos pagamentos coa Administración autonómica. Está é a segunda deputación en asinar tal convenio con ATRIGA, e agárdase que se sumen a este mecanismo o resto nas vindeiras semanas.

PUBLICIDADE