A Xunta adxudica a adquisición do novo supercomputador do CESGA
martes, 3 de marzo do 2026
A Xunta de Galicia vén de formalizar a adxudicación do novo supercomputador Finisterrae IV e dun sistema avanzado de almacenamento de datos para o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) por un importe superior aos 25 millóns de euros. O contrato recae en Fsas Technologies, división global de Fujitsu especializada en centros de datos e computación de altas prestacións. O Finisterrae IV incorporará unha arquitectura de cómputo de última xeración concibida para asumir cargas extremas de intelixencia artificial, simulación avanzada e análise masiva de datos.
O novo equipo supón un salto cualitativo respecto ao actual Finisterrae III, ao tratarse dunha infraestrutura especialmente orientada á intelixencia artificial e ás aplicacións con forte demanda de procesamento gráfico, fronte ao perfil máis convencional do seu predecesor. A súa capacidade de cálculo apoiarase nunha arquitectura de almacenamento xerarquizada e de alto rendemento, que multiplicará por 13 a velocidade de acceso á memoria e por oito a transferencia de datos, ademais de duplicar a capacidade total en disco. Este deseño garante un acceso eficiente e sostido á información mesmo en escenarios de máxima esixencia.
O conxunto foi deseñado cunha marcada aposta pola eficiencia enerxética e a sustentabilidade, incorporando tecnoloxÃas avanzadas de refrixeración lÃquida destinadas a optimizar o consumo e reducir o impacto ambiental.
Posicionamento punteiro de Galicia
A nova arquitectura situará o Finisterrae IV como unha plataforma de referencia en computación de altas prestacións, preparada para dar resposta ás demandas presentes e futuras da investigación cientÃfica, da intelixencia artificial a grande escala e dos fluxos intensivos de datos. O sistema combina potencia, eficiencia e escalabilidade nun deseño integrado orientado ao longo prazo.
O Finisterrae IV integrarase nos recursos dispoñibles a través da Rede Española de Supercomputación, Infraestrutura CientÃfico Técnica Singular do Estado. A súa posta en marcha permitirá reforzar os servizos vinculados á intelixencia artificial, á modelización e simulación cientÃfica e á análise de datos de altas prestacións, completando a oferta do CESGA, centro dependente da Xunta de Galicia e do Consello Superior de Investigacións CientÃficas (CSIC). Ademais, contribuirá a consolidar a competitividade de centros de investigación, centros tecnolóxicos e empresas, tanto no ámbito autonómico como estatal, ao proporcionarlles unha infraestrutura cientÃfica punteira para desenvolver investigación efectiva nun amplo abano de disciplinas.
Reforzo das capacidades do CESGA
Este investimento forma parte dun plan global de 56 millóns de euros, o maior da historia do CESGA, destinado á construción dun novo edificio e á ampliación das súas capacidades mediante a incorporación de novos equipamentos, co obxectivo de convertelo nun referente estatal e internacional en computación de altas prestacións. As actuacións están financiadas con fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, no marco do PERTE Chip, asà como con recursos propios da Xunta, dentro da estratexia da ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP no ámbito da I+G+i.
Estas infraestruturas complementarán o computador cuántico de 54 cúbits da finlandesa IQM, subministrado por Telefónica. A finalidade é reforzar o CESGA como centro de referencia no contexto nacional e europeo, tanto en infraestruturas de computación como no coñecemento asociado a elas. O novo edificio e o seu equipamento permitirán, ademais, mellorar os servizos prestados polo centro, contribuÃndo á calidade de vida da cidadanÃa galega e ao fortalecemento das colaboracións con empresas tractoras de distintos sectores, co conseguinte impacto na súa competitividade.
