Lawrence Lek e Gala Hernández protagonizarán dous focos no festival compostelán CurtocircuÃto
xoves, 28 de maio do 2026

- O director Lawrence Lek
O Festival Internacional de Cinema CurtocircuÃto, que se celebra entre o 30 de xuño e o 5 de xullo en Santiago de Compostela, adianta a primeira parte da programación da súa vixésimo terceira edición coa presentación de dous focos dedicados a dúas das voces máis singulares do audiovisual contemporáneo: Lawrence Lek e Gala Hernández López. A través da ficción especulativa, a simulación dixital ou o desktop documentary, ambos cineastas analizan as transformacións tecnolóxicas, polÃticas e afectivas do presente, segundo confirmou o Concello.
Lawrence Lek
Lawrence Lek, artista, cineasta e músico nacido en Frankfurt en 1982, desenvolve unha obra situada entre o cinema, os videoxogos e a instalación inmersiva. As súas pezas imaxinan futuros marcados pola automatización e o dominio do algoritmo, convertendo intelixencias artificiais, cidades intelixentes ou corporacións ficticias nos protagonistas das súas narracións.
O foco dedicado ao autor estrutúrase en dúas sesións de proxeccións e dúas charlas. A primeira das proxeccións, Introdución ás ficcións especulativas, reúne as pezas Nøtel, Nepenthe, Farsight Corporation Launch Trailer, Play Station e 2065, tÃtulos que introducen o universo corporativo e especulativo de Lek e exploran a construción de mundos virtuais como espazos narrativos.
A segunda sesión estará dedicada á súa celebrada saga Smart City Series, coas obras Black Cloud, Empty Rider, Guanyin e NOX e profunda nos mundos ideados na primeira sesión. Nestes filmes, Lek propón paisaxes posteriores á civilización humana onde intelixencias artificiais errantes reflexionan sobre identidade, propósito ou soidade nun contexto de automatización total.
A visita de Lek completarase cunha charla, A metodoloxÃa de Lawrence Lek: sound & vision, arredor do seu proceso creativo como cineasta e produtor musical, na que afondará nas relacións entre deseño sonoro, imaxe dixital e construción de mundos virtuais, asà como nas súas colaboracións con figuras como Kode9, Seth Scott u Oliver Coates. O artista participará ademais nun diálogo coa cineasta Gala Hernández López, Algoritmo sobrealimentado: un diálogo especulativo sobre un colapso anunciado, arredor do impacto das tecnoloxÃas contemporáneas, o capitalismo algorÃtmico e os futuros cara aos que parecen conducir as dinámicas sociais e afectivas do presente.
Gala Hernández
Segundo explican dende o Concello de Santiago, Gala Hernández López (Murcia, 1993) converteuse nunha das ensaÃstas máis relevantes da creación audiovisual contemporánea europea. O seu traballo investiga as comunidades dixitais e as novas formas de alienación, vulnerabilidade ou desexo que emerxen na internet.
O foco, Gala Hernández López: incels, criptotraders e outras fantasÃas virtuais, primeiro en Galicia cos seus catro tÃtulos, dedicado á cineasta permitirá achegarse a obras fundamentais da súa traxectoria recente. La mecánica de los fluidos (2022), recoñecida co Premio César da Academia Francesa, analiza as comunidades incel e as dinámicas de frustración, masculinidade e soidade que proliferan na rede. Pola súa banda, For Here Am I Sitting in a Tin Can Far Above the World (2024) aborda as promesas de inmortalidade e transcendencia ligadas ás comunidades extropianas e á crioxenia. Pola súa banda, +10K (2025) mergúllase no universo dos criptotraders para observar os mecanismos de especulación e os desexos de enriquecemento rápido baixo o capitalismo de plataforma.
Ademais, a súa pelÃcula máis recente, like moths to light (2026), formará parte da Sección Oficial Cosmos de CurtocircuÃto na que será a súa estrea en Galicia. O filme propón unha reflexión sobre o neurocapitalismo e as tecnoloxÃas destinadas a descodificar e monetizar o pensamento humano, levando a investigación da cineasta cara aos lÃmites entre tecnoloxÃa, intimidade e control.
Ambos os autores participarán tamén nun encontro conxunto arredor do estado actual do mundo dixital e os futuros cara aos que parecen conducir as dinámicas tecnolóxicas contemporáneas. Os creadores actúan como arqueólogos das crises existenciais, polÃticas e afectivas que definen a nosa era hiperconectada.
Nova campaña visual
CurtocircuÃto presenta ademais a imaxe gráfica da súa edición de 2026. A proposta parte da pantalla contemporánea como unha placa Petri, un espazo de acumulación de residuos visuais onde as imaxes mutan e proliferan.
Fronte á estética limpa prometida polos algoritmos, a nova identidade reivindica o erro, a contaminación e as marxes como espazos de resistencia cultural. A través de cores fluorescentes e referencias aos fungos como redes subterráneas de conexión, a imaxe dialoga coa enerxÃa do verán e coa idea do festival como lugar de encontro colectivo.
Sedes e entradas
O Concello confirmou que o festival mantén o modelo da pasada edición e combinará a súa programación nas sedes habituais coa presenza no espazo público de Compostela. Manteranse sedes como o Teatro Principal, o Auditorio de Galicia, NUMAX ou a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, e espazos clásicos como a praza da Quintana, a praza de PraterÃas, o parque da Alameda e as rúas da cidade.
O acceso ás actividades que teñan lugar no exterior, sexan proxeccións, performances ou concertos audiovisuais, será libre e gratuÃto. As entradas para as sesións individuais de cinema no Teatro Principal e NUMAX terán un prezo de 4 €, mentres que os Live AV en interior custarán 7 €. Ademais, o festival ofrecerá un abono completo para as proxeccións no Teatro Principal e NUMAX por 25 €, dispoñible a través da plataforma en liña de Compostela Cultura e con recollida fÃsica posterior na Zona C. As sesións especiais e a programación nas prazas serán gratuÃtas, previa retirada de entrada nos casos indicados.
As entradas poderán adquirirse en liña a través de compostelacultura.gal nas semanas previas ao festival ou presencialmente na Zona C - Punto de Información Cultural (praza de Cervantes) e no Teatro Principal durante a celebración do festival.
