A Xunta aprobará o plan de benestar dixital antes do remate do ano
martes, 28 de outubro do 2025
A Xunta de Galicia está a ultimar o Plan de benestar dixital do alumnado galego coa intención de aprobalo antes de que remate o ano, tal e como adiantou esta mañá a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, durante a súa participación nunha mesa redonda sobre benestar dixital no marco do Salón Internacional de TecnoloxÃa e Innovación Educativa (SIMO), en Madrid.
A representante da ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional destacou que este plan será a folla de ruta do Goberno galego para promover un uso saudable, seguro e responsable da tecnoloxÃa nas aulas. O obxectivo, explicou, é garantir o benestar emocional na infancia e na adolescencia, mellorar o rendemento académico e avanzar cara a un modelo de ensino hÃbrido no que convivan en equilibrio as metodoloxÃas tradicionais e as dixitais.
Para elaborar un documento rigoroso, solvente e consensuado que sirva de guÃa ao sistema educativo, o departamento educativo da Xunta constituÃu un grupo de traballo integrado por especialistas en docencia, pedagoxÃa, psicoloxÃa, tecnoloxÃa e medicina. A creación deste Plan de benestar dixital responde asà a unha demanda da comunidade educativa e enmárcase na futura Lei de educación dixital de Galicia, un texto pioneiro a nivel estatal e europeo que se atopa actualmente en tramitación.
