A Xunta asina un acordo con Microsoft para impartir formación en IA
martes, 25 de febreiro do 2025
A Intelixencia Artificial (IA) cobra cada vez máis protagonismo en todos os eidos, dende a Xunta tomando nota disto veñen de anunciar un protocolo de colaboración para formar en IA no vindeiro ano a até 45.000 menores de 35 anos, co obxectivo de mellorar as súas oportunidades profesionais.
Para selar este acordo na mañá de hoxe o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e a directora executiva de Sector Público, Saúde e Educación de Microsoft Spain, Natalia Escobedo, asinaban o dito protocolo que, segundo explicou o conselleiro, está encamiñado tanto á mocidade desempregada como a aquela que queira mellorar as súas oportunidades laborais a través do Servizo Público de Emprego de Galicia (SEPG).
Engadir que con esta actuación se dará paso ao acceso a programas formativos e actividades divulgativas como foros, obradoiros, xornadas e seminarios para a difusión e sensibilización sobre unha IA responsábel. Trátase de formación de balde e de curta duración para capacitar ás persoas participantes, que obterán un certificado, para traballar con IA.
Asemade, no evento de hoxe, no que tamén estiveron a directora xeral de Formación e Cualificación para o emprego, Zeltia Lado, o director do Centro de Novas TecnoloxÃas, Carlos Vázquez, e o director xeral de Seguridade da Información e cofundador de Founderz, Rubén Iturrarte, entre outros, o conselleiro salientou a experiencia de Microsoft e Founderz (entidade que achegará a formación) nesta materia pois no 2023 lanzaron o curso de formación en IA máis grande de Europa.
Aproveitando este encontro, o titular de Emprego tamén quixo subliñar outros exemplos da vocación pioneira da comunidade galega na aplicación das novas tecnoloxÃas a prol da cidadanÃa. Entre elas, o impulso á ferramenta software EMi, dispoñÃbel nas 54 oficinas de emprego de Galicia e premiada pola Comisión Europea. Tamén sinalou o reforzo do plan de formación permanente do SPEG con novidades como un curso sobre a ferramenta software EMI. Outro exemplo da aposta polas novas tecnoloxÃas para impulsar a empregabilidade, segundo o conselleiro, é o Centro de
Novas TecnoloxÃas de Galicia, dependente da ConsellerÃa de Emprego, Comercio e Emigración, que é referente formativo para o sector TIC galego e que acolleu a sinatura do protocolo con Microsoft.
Para rematar, o conselleiro fixo fincapé na aposta pola formación flexÃbel e á carta do tecido produtivo, tanto para persoas traballadoras como desempregadas, en liña do que promove a Unión Europea. Neste senso, engadiu, Galicia será pioneira no impulso dun decreto a favor das microcredenciais.