A Xunta de Accionistas de Inditex aproba a fichaxe da presidenta de Microsoft España

martes, 17 de xullo do 2018 Marcus Fernández

Hoxe celebrouse en Arteixo a Xunta Xeral de Accionistas de Inditex, evento no que o presidente do grupo analizou o desempeño do proxecto empresarial durante o exercicio 2017, no que a compañía superou os 7.400 puntos de venda en 96 mercados físicos e 47 mercados en liña, superándose os 25.336 millóns de euros en vendas e os 3.368 millóns de euros en beneficios.
A presentación das contas de 2017 non foi o único tema da Xunta de Accionistas, que tamén aprobou a elección de Pilar López, presidenta de Microsoft España, como membro do Consello de Admnistración coa cualificación de conselleira independentes, ao igual que a reelección de Rodrigo Echenique na mesma condición.
A fichaxe da presidenta de Microsoft España propuxérase hai un mes, no que aseguraban que era un movemento para avanzar na dixitalización de Inditex, así como para reducir a antigüidade media dos conselleiros independentes e incrementar o número de conselleiras do total de membros do Consello de Administración.