A Xunta defende en Murcia unha IA accesible e democrática
xoves, 22 de maio do 2025
O director da AMTEGA, Julián Cerviño, defendeu hoxe en Murcia a responsabilidade das administracións públicas á hora de garantir que os avances en intelixencia artificial beneficien con equidade a toda a cidadanÃa, independentemente das súas condicións sociais ou económicas.
Cerviño participou na quinta edición do Foro de Directores de Informática, un encontro que reuniu aos principais responsables de dixitalización das 17 comunidades autónomas. O representante galego puxo en valor o papel das administracións como axentes de transformación social, sinalando que deben liderar o impulso ético e inclusivo da IA, ao tempo que aseguran os dereitos fundamentais da poboación.
Durante a súa intervención, destacou a Lei para o Desenvolvemento e Impulso da Intelixencia Artificial en Galicia, a primeira normativa autonómica deste tipo aprobada en Europa, como exemplo do compromiso galego cun uso responsable e estruturado da tecnoloxÃa.
A xornada contou tamén coa participación da secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, MarÃa González, e serviu como espazo de diálogo para compartir experiencias entre comunidades, analizar os retos da ciberseguridade e explorar o futuro dos fondos europeos como ferramenta clave para avanzar na modernización tecnolóxica das rexións.