A Xunta impulsa novos obradoiros de dixitalización para pemes
xoves, 13 de xuño do 2024
O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle hoxe a resolución da última convocatoria dos obradoiros de dixitalización impulsados pola ConsellerÃa de EconomÃa e Industria de cara a promover e facilitar a transformación industrial e a dixitalización do tecido empresarial galego. O obxectivo é crear espazos de colaboración entre as empresas galegas na preparación de proxectos máis avanzados e de maior significación cara aos retos principais da economÃa.
Neste sentido, e no marco da aposta do Goberno galego pola transformación dixital e sustentable dentro do desenvolvemento integral do tecido produtivo, impúlsanse desta volta 34 novos obradoiros que, desde a colaboración empresarial, atenden a ámbitos como a dixitalización, a sustentabilidade e a loxÃstica avanzada.
Deste xeito, estes talleres actúan como xeradores de proxectos que, máis tarde, poden presentarse a convocatorias de axudas. A través deles, as empresas poden explorar solucións tecnolóxicas e vÃas de colaboración na implementación de ferramentas dixitais, na procura de desenvolver e implantar procesos ou produtos mais sostibles ou melloras a prol dunha función loxÃstica mais avanzada e sostible, asà como oportunidades de hibridación intersectorial.
Coma sempre, os apoios ascenden ao 100% dos gastos subvencionables. Cunha contÃa conxunta de máis de 600.000 euros, entre os beneficiarios se atopan organismos intermedios de carácter empresarial e outros axentes con capacidade de albergar o proceso de concienciación e reflexión conxunta para a xeración de proxectos, como é o caso das asociacións e clústeres empresariais, dos hubs de innovación dixital ou dos centros tecnolóxicos.
Desde a súa posta en marcha, o programa ten permitido promover máis de 160 obradoiros cun investimento de máis de 2,7 millóns de euros, contribuÃndo asà a impulsar a reactivación do tecido empresarial de Galicia a través da transformación tecnolóxica e o impulso aos procesos de dixitalización.