A Xunta presenta na Cámara da Coruña as axudas para a modernización do sector comercial

venres, 16 de febreiro do 2024 S. P.

Ás 9:30h da mañá deste venres, 16 de febreiro, o director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Manuel Heredia, acompañado polo director xeral da Cámara de Comercio, Manuel Galdo, presentaban nunha xornada informativa, que se levou a cabo na sede da Cámara de Comercio da Coruña, os novos apoios da Xunta de Galicia para impulsar a transformación dixital, a innovación e a modernización do sector comercial.
Asemade, a Cámara de Comercio aproveitou o encontro para informar que ten previsto continuar no 2024 co programa de Comercio Retallista, que leva en funcionamento desde o 2013 e no que participaron máis de 300 establecementos comerciais da área coruñesa. Un programa que inclúe un conxunto de actuacións de apoio ao pequeno comercio encamiñado a promover a innovación e mellorar a súa competitividade.

PUBLICIDADE