A Xunta publica un par de guÃas para facilitar o teletraballo
luns, 30 de marzo do 2020
A AMTEGA publica hoxe dúas guÃas para facilitar o teletraballo a empresas e autónomos e a cidadáns. Os documentos están dispoñibles xa nas páxinas web do CDTIC e Faite Dixital, e nelas atópase información sobre ferramentas, necesidades e tecnoloxÃas que posibilitan o traballo en remoto. A información das guÃas complementarase con publicacións diarias nas páxinas web antes mencionadas, nas que empresas e cidadáns poderán realizar consultas en liña.
GuÃa para empresas
PEME e autónomos poderán atopar na guÃa información sobre
solucións e ferramentas dispoñibles para o almacenamento compartido na nube, a
xestión de tarefas entre integrantes de equipos, a xestión de proxectos, suites
ofimáticas ou transferencia de arquivos, ademais de consellos e orientación en
materia de ciberseguridade.
O contido da guÃa complementarase con publicacións diarias
para empresas e autónomos na web do CDTIC
e tamén cun espazo de consulta en colaboración co Clúster TIC. PEME e autónomos
poderán trasladar as súas dúbidas
a través de correo electrónico, que serán respondidas por profesionais do
sector TIC.
A información resultante destas consultas estará a
disposición de todas as empresas a través dunha sección de preguntas frecuentes
na web do CDTIC.
GuÃas para cidadáns
Para os cidadáns a guÃa, cun enfoque sinxelo e divulgativo,
afonda nun uso seguro da Rede e ofrece pautas e consellos para un uso que
minimice os riscos do teletraballo dende os fogares.
Ao igual que para as PEME e autónomos, estes contidos terán
continuidade a través da publicación
diaria de novos artigos na páxina web de Faite Dixital, onde tamén poderán
realizar consultas en liña, por correo electrónico.
PÃlulas sobre solucións de Software libre
Como complemento a todo o anterior tamén estanse a publicar nas páxinas web do CDTIC, Faite Dixital, Mancomún e no YouTube da AMTEGA pÃlulas informativas sobre ferramentas de software libre para o teletraballo.