A Xunta reduce o seu gasto en licenzas de Microsoft
martes, 19 de outubro do 2010
Coma comentamos
hai pouco máis dun mes, o goberno galego mellora substancialmente a
situación anterior situación coa compañÃa de Redmond tras renegociar o contrato
para a adquisición de licenzas de software. A
Xunta pasará de pagar 10,5 millóns de euros en 3 anos a 4,7 polo mesmo perÃodo
de tempo, cumprindo asà coa polÃtica de austeridade que está a aplicar o
Goberno galego.
Esta redución de custos conséguese agrupando, por primeira vez, os
contratos das consellerÃas e organismos dependentes da Xunta o que permite,
maior transparencia na contratación, mellores condicións de compra e a redución
de preto de 4.500 licenzas de Microsoft Office facilitando o impulso do
software libre nos postos de usuario. De feito, non se adquire ningunha nova
licenza de Office senón que se renova unha parte das existentes.
Non se trata dunha adxudicación
masiva senón dunha negociación conxunta de contratos que permite aforrar un
promedio do 37% en tres anos, reducir un 18% os prezos fronte á situación
anterior na que cada consellerÃa realizaba os concursos por separado e diminuÃr
o número de licenzas de Microsoft Office para ir incorporando o OpenOffice nos
postos de usuario. Cómpre destacar tamén que as licenzas non se desactivan e as
aplicacións se poden seguir usando con total validez legal.
A racionalización do gasto en licenzas de Microsoft non é unha medida
illada no impulso do software libre senón que está integrada na estratexia de
promoción e impulso do código de fontes abertas que establece o Plan de Acción
2010 nesta materia. Un plan dotado con 800.000 euros para este ano que auna
esforzos, aproveitando mellor os fondos públicos para achegar o software libre
á Administración, á cidadanÃa e ao sector empresarial.