A app Glovo xa está dispoñíbel en Cangas e Ribeira

xoves, 23 de xuño do 2022 S. P.

A aplicación móbil multicategoría Glovo está xa dispoñíbel, dende este xoves 23 de xuño, nas vilas de Cangas e Ribeira. Isto significará que as persoas residentes nestes concellos poderán facer os seus pedidos de comida empregando glovoapp.com, “con total comodidade dende as súas casas, oficinas ou en calquera punto destes dous concellos galegos acabados de incorporar á rede estatal de Glovo”, sinalan fontes da empresa, engadindo que xa está presente, dando servizo, en máis de 35 localidades de Galicia (dende a súa irrupción en 2018).
Nesta primeira fase de lanzamento, Glovo conta en Cangas con 45 establecementos dispoñíbels desde grandes cadeas de restauración como La Pepita Burger Bar e Telepizza, até restaurantes locais de referencia como La Suprema e La Salada.
Pola súa banda, en Ribeira, a plataforma colabora con 30 establecementos desde grandes cadeas de restauración como Telepizza e Pizza Móbil, até restaurantes locais de referencias como El Gourmet de Aljan.
Borja Olazabal, director rexional de Glovo en Galicia, apunta o seguinte: “Estamos encantados de anunciar o lanzamento de Glovo en Cangas e Ribeira, que se suman ás case 400 cidades e localidades de España nas que a aplicación está operastiva. Na actualidade, cubrimos un 80% do territorio e continuaremos traballando para ampliar a nosa presenza e que cada vez máis localidades dispoñan da plataforma”.

PUBLICIDADE