A aterraxe marciana do Curiosity poderá seguirse dende a Xbox 360
venres, 3 de agosto do 2012
Ás 7:30 horas do vindeiro luns agárdase que o Curiosity chegue á superficie de Marte e
para celebralo Microsoft
decidiu retransmitir o acontecemento para os usuarios da súa consola de
videoxogos doméstica, a Xbox 360, que poderán unirse a NASA TV para ver a
chegada do Mars Rover na súa misión para estudar unha serie de condicións en
Marte e recoller datos de cara a futuras misións tripuladas ao Planeta
Vermello. Dende Microsoft aseguran que a retransmisión en directo está dispoñible
para case todas as rexións, non chegando a concretar se en España estará
dispoñible.
Mentres non chega o momento está dispoñible para a súa descarga de balde o xogo
Mars
Rover Landing, desenvolvido dende os KINECT Fun Labs, que permitiranos
probar a nosa habilidade asegurando a aterraxe do Rover e o seu obxectivo. Para
iso haberá que utilizar o noso propio corpo (polo que precisa do sensor KINECT)
para dirixir a nave e controlar os impulsores durante o descenso.
- Se temos KINECT poderemos xogar a controlar a aterraxe do Curiosity