A consultora galega Vitae sela un acordo con Dathum
martes, 28 de novembro do 2023
A
consultora tecnolóxica
Vitae, centrada nos recursos humanos, na formación TI avanzada,
no desenvolvemento das capacidades profesionais e na dixitalización,
selou un acordo coa empresa Dathum, especializada en medir o
comportamento humano nas organizacións en base a modelos
matemáticos, aprendizaxe supervisada e automática e Intelixencia
Artificial. Vitae, como recordaremos, é unha consultora con sedes en
Vigo e na Coruña que conta no seu equipo con algúns dos principais
formadores tecnolóxicos de Galicia e España.
Con
esta alianza Vitae poderá utilizar as ferramentas de Dathum para
mellorar a súa capacidade preditiva á hora de seleccionar e
asesorar aos seus clientes. Do mesmo xeito, Dathum obterá por parte
de Vitae máis coñecemento sobre o comportamento humano nas
organizacións en base á experiencia e o coñecemento da consultora
tecnolóxica galega.
Dathum
é tamén o nome dunha ferramenta de People Analytics con capacidade
preditiva do comportamento humano dos profesionais na empresas con
respecto á súa satisfacción coas súas condicións laborais, co
seu traballo, co seu equipo, co seu xestor e coa súa empresa,
predicindo cunha fiabilidade do 85% a retención ou rotación dos
empregados nunha compañÃa en base a modelos matemáticos,
algoritmos de aprendizaxe supervisados e automáticos e IA.
Vitae,
pola súa banda, é unha das consultoras tecnolóxicas máis
relevantes do ámbito estatal. Entre os seus logros figuran os
seguintes: xa entrevistou a máis de 14.000 profesionais e formou a
más de 33.000, o 95 % do sector TI, polo que se definen como unha
consultora especializada no lado humano da tecnoloxÃa.
